Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Cuarta edición das xornadas

Os ilustradores do país reúnense en Compostela

Os profesionais renderanlle unha homenaxe ao humorista gráfico Siro López.

Redacción - 18:01 26/10/2007
Cartel do encontro

Cartel do encontro

A Asociación Galega de Profesionais de Ilustración (AGPI) reúne este sábado en Compostela autores de todo o país dentro do cuarto Encontro Galego de Ilustración. Aínda que xa o venres á tarde haberá unha reunión de traballo da xunta directiva da FADIP, os actos abertos ao público iniciaranse o día seguinte.

A edición deste ano pretende ser a máis ambiciosa das organizadas até agora. O presidente da AGPI, Manel Cráneo, explicou que desta volta aumentará o número de convidados do resto do Estado Español: de dous pasarase a sete, entre eles presidentes de asociacións de ilustradores profesionais e da súa federación, a FADIP.

Ademais, intervirán o ilustrador arxentino Horacio Altuna, a catalá Mariona Sardà, experta en dereitos de autor, e a economista Carmen Castro, que amosará un estudo económico sobre a ilustración no Estado Español.

A xornada matinal rematará cun acto na honra do humorista gráfico Siro López, que xa forma parte da historia viva do sector en Galiza. Colaboraron na organización das actividades as consellarías de Cultura e Industria, a FADIP, a Fundación Caixa Galicia e a Galería Sargadelos.


Documentos

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: