Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EXPLOTACIÓN LABORAL

Denuncian unha empresa do naval vigués que contrataba a bolivianos en condicións abusivas

Tablan Consulting fíxolle asinar un contrato aos traballadores que os obrigaba a pagar 12.000 euros do soldo.

Redacción - 13:25 25/10/2007

O sindicato Comisións Obreiras denunciou publicamente que se están a reclutar traballadores bolivianos para o naval vigués en condicións de “escravitude”. A organización sindical conseguiu un documento que probaría que a empresa Tablan Consulting, subcontratada polo asteleiro Metalships, obrígalle aos operarios a pagar 12.468 euros para arranxar papeis, pagar a viaxe até Galiza e proporcionarlle aloxamento e comida durante o primeiro ano en Vigo. A cifra réstase do salario que perciben os operarios.

Segundo CC.OO hai probas de que polo menos 25 obreiros sufriron este abuso que carece de validez xa que aquí non son legais os contratos de recoñecemento de débeda. Poden ler a información completa que recolle a edición de La Voz en Vigo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: