Co inicio do curso academico o Proxecto Ríos comezou a campaña de outono. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadania o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionanado as ferramentas que garantan a súa participación.
O 1 de setembro é a data na que os grupos que están a participar no Proxecto Ríos teñen a partires do cal poden achegarse ao seu río para facer a inspeccióndo mesmo. Esta campaña extenderase ate o día 31 de outubro no que remata a citada campaña. Cos datos recollidos nesta campaña e os da pasada campaña de primavera realizarase o Informe Anual do Estado de Saúde dos Ríos Galegos, informe que se presentará o 15 de decembro.
Na mañá do xoves, 25 de outubro profesorado do concello do Barco de Valdeorras participarán nunha charla de presentación do Proxecto Ríos e despois acudirán ao río Sil coa finalidade de poñer en práctica a metodoloxía do Proxecto. Co material do Proxecto Ríos, manual de inspección, fichas, termómetros, tiras de pH e nitratos, follas de inspeccións, etc, avaliarán cal é a calidade do río elexido por eles.
Esta actividade enmarcase dentro das saídas formativas organizadas polo Proxecto Ríos con distintas entidades (centros de ensino de primaria e secundaria, concellos, ampas, grupos ecoloxístas,...). As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios/as poda logo desenvolver o programa autónomamente.