Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Estaba a ocupar un terreo da transnacional Syngenta

Un militante do MST é asasinado pola seguridade dunha empresa de transxénicos

Corenta pistoleiros dispararon contra un grupo de campesiños no estado braileiro de Paraná.

Redacción - 19:41 24/10/2007
O militante do MST asasinado, Valmir Mota de Oliveira / Imaxes: MST/PR

O militante do MST asasinado, Valmir Mota de Oliveira / Imaxes: MST/PR

O pasado domingo 21 de outubro, un grupo de campesiños e campesiñas entraron na área que emprega a empresa Syngenta para a experimentación con plantas transxénicas no estado do Paraná, no Brasil.

Unhas horas despois chegaba un autobús con aproximadamente 40 pistoleiros que comezaron a disparar. O resultado dese tiroteo foi a morte de Valmir Mota Keno e cinco feridos máis, unha delas, Isabel do Nascimento, aínda está grave.

Denunciando o cultivo ilegal de transxénicos
O terreo no que se atopa a fábrica xa fora expropiado a Syngenta polo estado de Paraná, por incumprir a lexislación que prohibe a experimentación con plantas transxénicas en áreas próximas a reservas forestais.

Despois da expropiación pretendíase transformala nun centro de probas en agroecoloxía, pero unha decisión da xustiza anulou a expropiación, polo que as familias acampadas nesas terras tiveron que saír para deixar paso de novo ás actividades da empresa.

O poder do agronegocio
A empresa é o resultado da fusión doutras dúas grandes empresas. Nunha das súas páxinas web pódese ler: "Syngenta, empresa constituída a partir da capacidade técnica e a solidez de dúas innovadoras da industria, Novartis e Zeneca."

Segundo o Movemento dos Sem Terra, "unha vez máis, o agronegocio demostra que é capaz de calquera cousa para ter o control dos nosos alimentos". Para quen desexe solidarizarse co acontecido e apoiar a loita do MST, pódese enviar un correo a mstpr@mst.org.br ou saber das actividades do colectivo na súa web.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Marcas da violencia empregada polos "pistoleiros" da compañía para sacar aos manifestantes da zona ocupada
Marcas da violencia empregada polos "pistoleiros" da compañía para sacar aos manifestantes da zona ocupada
Outra imaxe, dun furado feito por unha bala no ferro de entrada da zona ocupada
Outra imaxe, dun furado feito por unha bala no ferro de entrada da zona ocupada