Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Unha 9,8% en agosto, segundo o INE

Galiza rexistra o maior incremento en cifra de negocios do Estado

Segundo os datos provisionais publicados polo Instituto Xeral de Estatística sobre o sector servizos, a media estatal medrou un 6,1%.

Redacción - 13:45 24/10/2007

Galiza rexistrou o maior aumento interanual na súa cifra de negocios do mes de agosto, cunha taxa do 9,8%, segundo os datos provisionais publicados este mércores polo Instituto Xeral de Estatística (INE), namentres que a media estatal incrementouse un 6,1%.

Todas as actividades contribuíron a este aumento. O sector dos servizos prestados ás empresas foi o que rexistrou o maior incremento, cun 10,8%, seguido de tecnoloxías da información (6,9%), transporte (6,8%), comercio (5,9%) e turismo (3,8%).


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: