Con orzamento "brutal", chega ás pantallas internáuticas a primeira peza de "análise social e billardeiro".
"Por riba de aramios, valados e silveiras chega o gran show do Golpe". Coa habitual enerxía dos palanadores profesionais chega un novo comunicado urxente da LNB, a Liga Nacional da Billarda, entregada con firmeza á loita "contra o imperialismo deportivo".
Logo de poñérense a proba a pasada fin de semana convocando aos seareiros a deixar de costas a omnipresencia da Fórmula 1, "a quen lle importan Hamilton, Alonso ou Kimi estando Iván do Sporting e Marcos dos Remurelle-Bulls a punto de xogarse a carreira da xornada do segundo asalto da superliga de billarda na conferencia NorLeste na pista dos veciños Santo Adrao". En palabras de TeleVaral , no Concello de Lourenzá triunfou este pasado domingo "o touciño fronte á velocidade".
Aló estiveron Juan Pico, Suso e Daniel, diante das cámaras de TeleVaral, no primeiro agromo dun "explosivo programa de análise social e billardeiro". "Poñede galiñas e coellos a cuberto", ninguén se vai librar do devastador furacán do Golpe!