Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións lexislativas

Polonia decide se os xemelgos Kaczynski seguen no poder

Tras dous anos de goberno do partido Lei e Xustiza, liderado polo irmán do presidente da República, os liberais de Plataforma Cívica parten como favoritos.

Axencias - 11:30 21/10/2007
Os liberais de Donald Tusk parten como favoritos

Os liberais de Donald Tusk parten como favoritos

Uns 30,3 millóns de polacos están chamados este domingo ás urnas para elixir entre 6.188 candidatos de dez formacións políticas á composición parlamentaria da nova lexislatura.

Nesta ocasión trátase de eleccións xerais anticipadas, tras dous anos de goberno rico en escándalos e disputas baixo a dirección, primeiro en coalición e logo en solitario, do partido Lei e Xustiza (PiS) que lidera Jarowslav Kaczynski, irmán xemelgo do presidente da República, Lech Kaczynski.

Os principais partidos son PiS, que concorre con 918 candidatos, e Plataforma Cívica (PO) do liberal Donal Tusk, que o fai con 910.

Outras formacións que optan aos 460 escanos que integran a Cámara baixa son a Liga das Familias Polacas (LPR, conservador), Alianza Esquerda Democrática (LID) e o Partido Agrario (PSL, conservador), formacións que, aínda figurando moi á zaga nas enquisas, poden ser claves no caso de que PiS e PO non obteñan maioría suficiente para gobernar en solitario.

O PO parte como favorito nos comicios, dez puntos por diante do gobernamental PiS, mais as pinzas previstas nos prognósticos demoscópicos son tan amplas que os analistas non desbotan sorpresas.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: