O grupo actuará na festa do 10º aniversario de "Hace color" compartindo escenario con Ràbia Positiva e Sagarroi, no Ateneu Popular de Nou Barris.
O Jarbanzo Negro disolvérase hai tres anos, pero daquela non puideran facer a despedida que agora ofrecerán no concerto deste sábado, acompañados de amigos e músicos cos que colaboraran na súa traxectoria. Os jarbanzos porán o fin de festa a unha noite na que comparten cartel con Ràbia Positiva e con Sagarroi. A formación catalá axiña presentará un CD+DVD cun concerto en directo e información a súa traxectoria; o grupo liderado por Iñigo Muguruza presentará en Barcelona a nova formación e o seu carto traballo, Baleike.
A actuación será na segunda festa de celebración do décimo aniversario da axencia "Hace Calor", una das impulsoras da mestizaxe, e que tamén se festexara en xullo no Festival Cruïlla de Cultures de Mataró cos concertos de Fermín Muguruza & Afro Basque Fire Brigade, La Kinky Beat e Nour.
10º Aniversario de "Hace Color"
Concertos de Ràbia Positiva, Sagarroi e O Jarbanzo Negro
Sábado, 20 de outubro, 22 h
Entrada anticipada 6 €, taquilla 8 €
Ateneu Popular 9 Barris
C/ Portlligat 11-15, - Barcelona