As compañías do país presentan uns niveis similares á media estatal de uso do computador e presenza web
As empresas galegas usan as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) a un nivel moi similar ás do resto do Estado. Así se desprende dos datos que publicou o INE este xoves. Isto non quere dicir que non exista fenda dixital no referido ás compañías. Galiza está atrasa en todos os indicadores, pero a diferenza é reducida.
Redes locais sen fíos
Así a fenda é de menos de dous puntos no referido ao uso do ordenador (96,7% en Galiza fronte a 98,1%) e practicamente idéntica respecto a proporción de firmas con páxinas web (51,6% fronte a 51,9%) e con redes sen fíos (19,1% fronte a 19,3%).
A diferenza é maior, en torno aos catro puntos, na porcentaxe de sociedades con internet e que usan o correo electrónico. Cómpre lembrar que nos datos referidos ao uso das TIC entre os cidadáns, a fenda rozaba os dez puntos en moitos indicadores.