Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mellora o seu beneficio nun 23%

Os resultados recentes desmentirían o ruxerruxe dos problemas de Caixa Galicia

A entidade xestiona recursos de 1,9 millóns de clientes

Roberto Río Morán / Xosé Anxo Grandío López - 13:00 18/10/2007

Caixa Galicia fixo públicos hoxe os resultados do terceiro trimestre do 2007, nos que amosa un crecemento dun 23% máis con respecto ao mesmo período do exercicio anterior, obtendo así un beneficio despois de impostos de 237 millóns de euros.

No seu comunicado, a caixa galega, fai especial incidencia nos diferentes marxes da conta de resultados que presentan un incremento superior ao 20%, “o que demostra a solidez do crecemento alcanzado”.

Caixa Galicia xestiona recursos de 1,9 millóns de clientes, con un crecemento este ano de 48.000.

Tamén informou de que presenta unha das taxas máis baixas do sistema financeiro, con un 0,58% ao peche do terceiro trimestre, que se reduce ao 0,04% na financiación ao promotor, cunha taxa de cobertura da morosidade dun 320%.
A súa posición de prestadora no mercado intercambiario así como un elevando número de líquidos fronte ao Banco de España ademais de outros factores, “permítenlle a caixa presentar unha folgada situación de liquidez”.

Estes datos xerais, e máis especialmente este ultimo, contradín aos recentes rumores que se verquían sobre a caixa galega dende determinada prensa económica, que a situaban a cabeza das caixas do estado que segundo estas fontes se atopan nunha delicada situación financeira debido aos actuais problemas nos mercados crediticios que veñen provocados pola desaceleración do mercado da vivenda e a crise subprime (hipotecas del alto risco) nos Estados Unidos. Rumores que foron totalmente desmentidos pola caixa.

Finalmente, as plusvalías latentes da carteira de participadas de Caixa Galicia superaron os 1100 millóns de euros ao peche de setembro.


4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: