Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Incremento maior na provincia da Coruña

Confírmase o arrefriamento do mercado inmobiliario galego

A vivenda subiu un 6,5%, catro puntos por riba do IPC.

Roberto Río Morán / Xosé Anxo Grandío López - 09:00 18/10/2007

A variación durante os últimos doces meses da vivenda en Galiza sitúase no 6,5%, cifra sensiblemente menor ao 14% de crecemento dos doce meses anteriores. Ademais o incremento acumulado durante os nove primeiros meses do ano é do 4%.



Estes datos implican unha diminución no forte ritmo de crecemento de anos anteriores, confirmando o arrefriamento do mercado inmobiliario galego, e a hipótese de que a aterrízase dos prezos é paulatina e moderada. Ata tal punto que a vivenda sobe catro puntos por enriba do IPC galego que se situaba no 2,3% o finalizar o terceiro trimestre.



A suba é xeneralizada en todo o país, destacando os incrementos en Pontevedra e na Coruña dun 7,2% e 5,7% respectivamente; por encima do 4,6% de Lugo e o 2,4% de Ourense.



Prezos do metro cadrado


O metro cadrado de vivenda mais caro encontrase, por termo medio, en Vigo; cun prezo de 2359 euros, seguido da Coruña e de Santiago de Compostela con 2131 e 1956 euros respectivamente. Pola contra é na capital onde se produce o maior incremento do prezo durante o último ano, en concreto o metro cadrado compostelán vale 564 euros mais; seguido dos concellos de Ribeira, Oleiros, Pontevedra, Culleredo ou Marín.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: