O colectivo compostelán Gentalha do Pichel distribúe preservativos con palabras galegas relacionadas co sexo.
Os condóns con mensaxe
O centro social A Gentalha do Pichel, de Compostela, está a desenvolver unha campaña de promoción lingüística para dar a coñecer “novos campos semánticos”. A comisión de lingua da asociación e os colectivos LGBT da cidade están a distribuír condóns con mensaxe no seu envoltorio.
O consello de “Quando fodas nom esqueças a língua”, está acompañado dunha serie de palabras imprescindíbeis para a comunicación sexual: lamber, cheirar, beijo, foda, belisco, chupar, pele, língua, pirola, abraço, cona, vir-se, apalpar e cu.
Se queren completar o seu léxico, Vieiros recompilou no especial do Día das Letras 2002 un amplo vocabulario sexual galego, con abondosas achegas dos lectores.