Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Ad augusta, per angusta"

Os Aduaneiros botan o fecho

Logo de sufriren unha ameaza de demanda xudicial, os Aduaneiros sem Fronteiras pregúntanse se paga a pena "facer humor gráfico neste país".

Redacción - 20:15 16/10/2007

"Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, baixo ameaça de demanda judicial por delitos de injurias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site em quanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fóra de lugar".


Así despiden este martes, agardamos que non por moito tempo, os Aduaneiros sem Fronteiras. Referencia do humor gráfico na internet galega, a irreverencia intelixente e o xenio retranqueiro que tan ben afinaran os Aduaneiros foi parar esta terza feira a algún camposanto cibertrónico. Apenas uns meses despois de que o Museo do Humor de Fene lles outorgara un dos premios Curuxa, recoñecéndolles o seu labor adicado "a investigar nos santos misterios da sociedade, política e cultura galegas", o humor bateu cos xulgados. Agardamos que gañe o humor.


4,83/5 (48 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: