Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Suprimiralles o privilexio salarial

Evo Morales quere acabar co aumentiño vitalicio dos políticos bolivianos

Ao tempo, outra lei aumentará a renda que reciben as persoas maiores.

Redacción - 13:00 16/10/2007

A diferenza do que se está a facer noutros países, a clase política de Bolivia pretende dar exemplo de honestidade. O presidente, Evo Morales, anunciou o luns que eliminará a renda vitalicia que cobran os ex-gobernantes do país mediante unha lei que está a tramitar a Cámara de Deputados.

Segundo Morales, “decidimos co compañeiro vicepresidente que cando marchemos do Pazo non imos percibir ningún salario”. Paralelamente, aumentará o salario que cobrarán todos os maiores de 60 anos até os 26 dólares mensuais (uns 18 euros), procedentes dos impostos que pagan as empresas petroleiras.

Até agora os maiores de 65 anos cobraban o denominado Bonosol, de 230 dólares ao ano. Evo Morales advertiu que, se o proxecto non sae adiante, cun Senado dominado pola oposición, aprobarao por decreto.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: