O xeneral Ricardo Sánchez cre que o seu país cometeu numerosos erros políticos e miitares dende a invasión.
O que fora comandante en xefe dos militares estadounidenses en Iraq entre xuño de 2003 e o mesmo mes de 2004, o xeneral Ricardo Sánchez, cre que o seu país cometeu graves erros militares e políticos durante a ocupación de Iraq. O oficial cre que a situación que se vive agora naquel país é un auténtico “pesadelo” sen final á vista.
Sánchez mostrouse especialmente crítico coas políticas da administración Bush, aínda que afirmou que, tal e como están as cousas, ao seu país non lle queda outra alternativa que continuar en Iraq. Poden ampliar a información no New York Times.