Venezuela aproveitou as ganancias resultantes dos prezos petroleiros de mellor xeito que Estados Unidos, en opinión do Premio Nobel de Economía 2001, o economista Joseph Stiglitz. Onte mércores foi recibido polo presidente venezuelano Hugo Chávez.
«O crecemento de Venezuela foi abraiante nos últimos anos», referiu este xoves durante a súa participación no Foro Estratexias para Mercados Emerxentes.
Estima que o crecemento da economía venezuelana viuse impulsado polos prezos do petróleo, pero a diferenza doutros paises, Venezuela logrou beneficiar de mellor xeito aos seus cidadáns.
Stiglitz recordou que Venezuela aínda ten o reto de superar os problemas que implica a riqueza en recursos naturais, ademais de mellorar problemas estruturais de vella data.
«Non é soamente ter un crecemento sustentábel, aspecto importantísimo, senón que ese crecemento poida ser mellor compartido con todos os cidadáns deste Estado», afirmou.
Stiglitz naceu en Gary, Indiana (Estados Unidos) en 1943. É un recoñecido economista, escritor e crítico cos organismos internacionais de crédito. Estudou entre 1960 e 1963 no Amherst College, onde pasou o MIT como estudante de carreira, para proseguir con traballos de mestría. Entre 1965 e 1966 traballou en Chicago e nos anos seguintes obtivo o seu doutoramento no MIT e unha bolsa Folbright de investigación.
Joseph Stiglitz participou en diversos postos públicos, entre eles na administración do presidente de EUA, Bill Clinton, e no Banco Mundial, como primeiro vicepresidente e economista xefe entre 1970 e 2000.
Na actualidade, Stiglitz é docente no Graduate School of Bussiness da Universidade de Columbia.