Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Datos do INE

O IPC sobe catro décimas en setembro e sitúase no 2,3%

O incremento produciuse principalmente polo incremento do calzado e do vestido, unha vez finalizada a época de 'Rebaixas'.

Redacción - 11:35 11/10/2007

O Índice de Prezos ao Consumo (IPC) subiu un 0,4% en Galiza no mes de setembro, propiciado, sobre todo, por un forte incremento no calzado e no vestido (3,7%), tras concluír a campaña de rebaixas do verán e comezar xa a tempada de outono.

Os datos publicados este xoves polo Instituto Xeral de Estadística (INE) revelan que en Galiza, no que vai de ano, produciuse un incremento dos prezos do 1,2%, mentres que a interanual sitúase no 2,3%.

Baixada en 'Ocio e Cultura'

A maior suba produciuse en Vestido e calzado, cun incremento do 3,7%; seguida de Ensino, cun aumento do 0,9%. De igual modo, os prezos de Alimentos e bebidas non alcohólicas eleváronse un 0,8%; e Transporte, cun 0,4%. Vivenda subiu un 0,2%, mentres que Enxoval, Medicina e Outros rexistraron un incremento nos prezos do 0,1%.

A maior baixada foi en Ocio e cultura, cunha caída do 1,4 por cento; seguida de Hoteis, cafés e restaurantes, co 1,2%. En Bebidas alcohólicas e tabaco os prezos caeron un 0,2%. En Comunicacións os prezos mantivéronse invariábeis.

No ámbito estatal, o IPC experimentou un incremento de tres décimas no mes de setembro, o que situou a taxa interanual no 2,7% fronte ao 2,2% de agosto, e supón a cota máis alta de 2007.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: