Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A piques de conseguir beizón no Senado

As ETTs cheiran o negocio das administracións

Por esta vez, o Senado serviu para bloquear a posibilidade de que as administracións poidan contratar empregados a través de empresas de traballo temporal.

Redacción - 11:01 13/10/2007

De momento, as ETTs non accederán ao gorentoso negocio ao que aspiraban no ámbito da administración pública. A nova Lei de Contratos no Sector Público abría o camiño para esa posibilidade, despois de que se aceptase unha emenda proposta por CiU. Tal e como o proxecto saíra do Congreso, en practicamente calquera suposto onde a administración acreditase "insuficiencia" á hora de afrontar o seu labor, podía entón optar pola contratación de traballadores a través dunha ETT.

Outra emenda da Entesa catalá (PSC, ERC, ICV), desta volta no Senado, conseguiu evitar ese suposto. O novo texto foi apoiado así polo resto de grupos agás a propia CiU e o PP. Con todo, déixase apenas un suposto no que as administracións si poden botar man das ETTs: a realización de enquisas ou tomas de datos ocasionais durante un máximo de seis meses. Así, de xeito específico, a disposición quinta da lei recolle agora que "non poderán celebrarse contratos de servizos con empresas de traballo temporal agás cando se precise a posta a disposición do persoal con carácter eventual para a realización de sondaxes, recollida de datos e servizos análogos".

Desde os sindicatos alertaran da porta á precariedade que estaba a piques de abrirse. Recordan que as administracións xa poden realizar contratacións temporais sen intermediarios e que coa reforma pretendida só se conseguiría "precarizar" os servizos públicos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: