A operadora galega asegura que dará servizo a 6.700 fogares e empresas na vila do Morrazo
O operador galego de cable R informa que a súa rede de fibra óptica esta á dispoñíbel no centro de Cangas durante o vindeiro mes de novembro. R asegura que xa rematou os traballos de despregamento da rede na zona da Avenida de Vigo e rúas próximas.
Nunha seguinte fase acometerá os traballos no resto do núcleo urbano; nas avenidas de Ourense, Montero Ríos, Aldán e Bueu e nas rúas Baiona, Redondela, Noria, Atranco, 2ª travesía Atranco, Longín, Espíritu Santo, Antonio Nores, Antonio Sogare Saída, Gondomar, Carlos Casares, Reboredo, Pinos, Eugenio Sequero, Eduardo Vicenti, Concepción Arenal, Rabadoira e Parque número 8.
Orzamento
O director xeral da compañía, Arturo Dopico, asegurou que R investiu 4,9 millóns nas obras de Cangas a medio prazo. O operador conta co apoio financeiro da Xunta na extensión da súa rede.