Con menos balbordo mediático que o Pazo de Meirás, (torre, para Núñez Feijoó), a casa de Castelao na rianxeira Rúa de Abaixo 42 segue paseniño os trámites administrativos para se converter en Ben de Interese Cultural (BIC).
Casa de Castelao na Rúa de Abaixo 42
Sen entrar a comparar a relevancia patrimonial e simbólica de acadar un acceso público a ambas, (non resiste comparanza), comparten a parella negativa dos propietarios a que os técnicos da Xunta relicen o inventario do que albergan no seu interior. A xustiza é a que determina finalmente no caso de Meirás. Acontecerá o mesmo en Rianxo?
Polo de agora o pleno do Concello acordou blindar os usos da casa como dotacional público. Ese será o único emprego que, de vendelo a familia propietaria, podería acadar. Un degrao máis na presión institucional, social e política para que os Baltar, apelido tan aprezado en Rianxo, acceda a facer desta vivenda o gran centro de peregrinaxe laica e cidadá do país. Seguro non ficaría galego de ben sen achegarse por esta Atenas de Arousa que é Rianxo e máis se se abrise esta casa ao público.