Tardou seis anos aprobarse, pero dende hoxe empresas e administracións poden reservar direccións web.
Logo dos promotores do novo identificador
O dominio .asia comezou a andar este martes. Nunha primeira fase, as empresas e os gobernos teñen prioridade para rexistrar os seus identificadores como, por exemplo, www.zara.asia .
O público en xeral poderá rexistrar os seus dominios .asia a partir de febreiro de 2008. Polo de agora, só as empresas con marcas rexistradas e as administracións teñen dereito a reservar un identificador. No caso de que haxa dúas candidaturas, o dominio será para quen gañe unha poxa.
Ámbeto xeográfico
Iso si, un requisito fundamental para poder rexistrar é ter "presencia local". É dicir, unha sede social, administrador, o residencia persoal nun país asiático, ademais das illas do Pacífico, Australia e Nova Zelandia.
Co comezo dos rexistros remata unha carreira que durou máis de sete anos. E é que a a ICANN, o ente que controla os dominios de internet, non aprobou o identificador ata finais de 2006, malia que os seus promotores lanzaron a iniciativa no ano 2000.
O galego prepara a súa candidatura
O dominio .asia é o segundo deste tipo, tras o .eu para a Unión Europea, e cubre dende Australia ata Oriente Próximo. Igualmente, só existe un dominio de tipo cultural, o .cat, para a lingua e culturas catalanas.
No país, a asociación Puntogal está a recoller apoios para lograr un identificador para a lingua e cultura do país. Agárdase que poda presentar a súa candidatura de xeito oficial durante o próximo ano.