Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Homenaxe

Óscar Pereiro viste o 'maillot' amarelo en Mos

A festa viviu un momento polémico cando soou o himno español coa letra franquista.

Redacción - 13:25 09/10/2007

Óscar Pereiro recibiu simbolicamente en Mos o maillot amarelo como gañador do Tour de Francia 2006 nun acto de homenaxe que lle rendeu o sábado á noite a peña que leva o seu nome. Pereiro subiu ao podio co seu fillo e dous compañeiros, Zandio e Chente, e recibiu un ramo de flores das mans dunhas azafatas.

A representación, que se desenvolveu diante dunha imaxe dos Campos Elíseos de París, rematou con polémica cando chegou o momento de soar o himno español. Polos altofalantes comezouse a escoitar a versión franquista, con letra de José María Pemán, esa que comeza con “Viva España, alzad los brazos hijos del pueblo español, que vuelve a resurgir”.

O vídeo publicouno A Peneira da Louriña:


1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: