Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Fichaxes e actuacións

Un blog abre a porta ao mundo das orquestras

O movemento fan arredor dos grupos do país conta cun medio de información sobre os seus artistas favoritos.

Redacción - 11:34 08/10/2007

Xa hai dous anos que comezou a andaina na rede dun blog dedicado por completo ás orquestras do país. O autóctono e irrepetíbel fenómeno dos macroespectáculos e dos numerosos seguidores que as agrupacións musicais levan detrás son o punto de partida de Orquestras e festas.

A única páxina que se pode comparar en temática é a de Xuvecurtis.com, que recompila unha longa listaxe de grupos e artistas con cadansúa páxina web e mais un libro de visitas con mensaxes dos seareiros. Pero no portal verbeneiro de Orquestras e festas ofrécese, ademais, un repaso detallado a toda a actualidade dos grupos, as datas dos concertos e mais fotografías e vídeos dos artistas e das actuacións, como esta da orquestra viguesa Tango:



Agora, co comezo do outono e o remate das festas do verán, as orquestras atópanse nun frenético proceso de renovación no seu cadro de cantantes e músicos, o que dá pé a fichaxes e cambios de banda das estrelas do sector. Todos os rumores e confirmacións pódense seguir no blog.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: