Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Coincidindo coa chegada do oitavo gaseiro á ría

Nova agresión aos veciños que protestan contra Reganosa

Descoñecidos queimaron durante a noite do sábado para o domingo a pancarta onde se indicaba o número de días que levan encerrados na Casa do Concello.

Redacción - 13:30 07/10/2007

No terceiro mes de peche, son xa 75 días os que levan en protesta contra a planta de gas no interior do Concello mugardés, a Asociación de Veciños O Cruceiro de Mehá presentou este domingo unha denuncia polo acontecido durante esta noite.

Os veciños denuncian que contra as 6h30 da mañá, descoñecidos prendéronlle lume á pancarta que colocaran na fachada principal do edificio e onde cada día ía mudándose a cifra que indicaba os días de peche, 75 desde que o pasado 23 de xullo se iniciara esta protesta. "Os culpábeis deste vandálico acto non dubidaron en poñer en perigo as nosas vidas, podendo provocar queimaduras ou algún problema grave de intoxicación se o lume ou o fume tivesen entrado no local", quéixanse no comunicado enviado. Critican ademais que ningunha autoridade local se achegase aínda a pé do edificio para interesarse polo acontecido. Consideran que o acontecido é unha nova agresión, entre as que inclúen "o secuestro do mural por parte do alcalde" e "a explosión dun artefacto nun contedor de vidro próximo ás vivendas e ao local onde habitualmente realizamos as reunións".



Para este mesmo domingo convocouse unha nova concentración no peirao de Ferrol en protesta pola entrada do oitavo gaseiro cara á planta regasificadora.


4,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: