Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
O PEOR ESTUDO AMBIENTAL XAMAIS REALIZADO

Unha minicentral proxectada no río Tronceda presenta un estudo de efectos ambientais de 1998

 Un novo proxecto de minicentral ameazada o río Tronceda no Concello de Mondoñedo. O proxecto afecta ao LIC Serra do Xistral pertencente á Rede Natura, nestes momentos atópase en exposición pública. O proxecto presenta como documentación un estudo de efectos ambientais datado en agosto de 1998 por Técnicas y Servicios Energéticos de Galicia S.R.L. que podería constituir un dos peores estudos ambientais realizados en Galiza. Entre as flagrantes deficiencias observadas cabe destacar a ausencia total de especies de peixes tendo en conta que se está a estudar un río. No ano 2007, 9 anos despois de ser realizado este estudo de efectos ambientais o preceptivo é a realización dun estudo de impacto ambiental, moito máis riguroso, debido a que afecta a Rede Natura. 

ADEGA - 18:24 04/10/2007

As carencias en canto á descripción de especies animais e vexetais son notables. En canto a plantas somentes se citan especies como: silvas, xestas, carballos, é dicir que nin tan sequera tiveron que desprazarse até o lugar xa que estas plantas aparecen practicamente en calquera parte de Galiza.

En canto aos animais cabe destacar (aparte da ausencia total de peixes) o escaso número de especies enumeradas. Dentro das especies enumeradas no estudo aparecen 5 especies protexidas polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas, sen embargo non se advirte que estean protexidas nin pola lexislación galega nin polos convenios internacionais de Berna ou Bonn. Destas 5 especies, 4 son anfibios e a outra un morcego, os anfibios son enormemente sensibles á alteración do seu hábitat.

Ademais o “caudal ecolóxico” calcúlase do seguinte xeito “en base á metodoloxía francesa o caudal que debe circular é do 10% do caudal anual”. Esta é a xustificación exposta para detraer o 90 % do caudal do río Tronceda á canle de derivación. Resulta pueril pretender facer unha regla de tres sen ter conta de: variacións estacionais, interanuais, especies afectadas, etc para establecer o caudal ecolóxico. Con estas afirmacións o que se pode garantir é unha grave afectación para o ecosistema do río Tronceda.

ADEGA puxo en coñecemento do Colexio Oficial de Biólogos (COBGA) o devandito estudo de efectos ambientais realizado polo enxeñeiro de Camiños, canais e portos D.Gerardo Miguel López Roibás, para o emprendimento de accións necesarias para esixir cando menos a capacitación curricular para a realización de estudos ambientais.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: