Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ao Ministerio de Defensa

BNG e IU piden explicacións no Congreso pola discriminación que sufriu un militar casado cunha transexual

Un cabo de Ferrol denunciou que lle denegaron un permiso matrimonial e que tamén o insultaron.

Redacción - 17:45 04/10/2007

O presunto caso de discriminación e acoso a un cabo da Armada xa chegou ao Congreso. O BNG e IU formularon preguntas ao goberno estatal logo de que un militar de Ferrol denunciara que os seus mandos se negaran a darlle un permiso de voda logo de casar cunha transexual. Dende a formación nacionalistas sinalan que “non é a primeira vez que se producen casos de discriminación por motivos de orientación sexual na institución militar”.

Segundo a versión dos afectados, un oficial da Armada denegoulle ao cabo o permiso de voda á vez que o atemorizaba dicíndolle que “nos tempos de Franco xa estarías morto, roxo maricón”. O Ministerio de Defensa terá que dar explicacións no Congreso sobre estes feitos.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: