O primeiro trebello de fabricación humana en navegar por riba da atmosfera terrestre lanzouse hai medio século, o 4 de outubro de 1957, desde o cosmódromo de
Baikonur, nunha base do que daquela era a Unión Soviética. A pequena esfera de apenas medio metro de diámetro foi considerado o primeiro satélite artificial. Esta proeza tecnolóxica iniciou o chamado Programa
Sputnik, que no seu segundo lanzamento, apenas un mes máis tarde, arriscou o envío ao espazo dunha cadela, Laika.
Á vez, nun escenario de Guerra Fría e coa acendida rivalidade entre a URSS e os Estados Unidos, o acontecido supuxo a aceleración da carreira espacial nas décadas seguintes. En pouco tempo, os EUA crearía a súa axencia espacial, a
NASA, e os dous países desenvolverían unha importante inxección económica en materia de investigación científica neste ámbito. Despois de que outra nave rusa, Lúa 9, fose a primeira en enviar un documento audiovisual desde o satélite, en 1969 chegaba o fito histórico que marcaba un novo punto de inflexión na carreira espacial:
Neil Armstrong e Buzz Aldrin convertíanse nos primeiros seres humanos en pisar a Lúa.
Alén do documento que lles achegamos arriba, un documental da BBC sobre o lanzamento do Sputnik, no Youtube poden ver outros documentos interesantes, coma un vello
vídeo ruso sobre o Sputnik ou as imaxes dun programa estadounidense da época que comeza baixo o título
Nova Lúa: os vermellos lanzan o primeiro satélite artificial.