Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Votación unánime no Parlamento

Consenso das forzas políticas para unha tarifa eléctrica "diferenciada, propia e xusta"

Ao tempo, desde a Xunta aseguran que o canon hidroeléctrico non terá impacto nas taxas que pagan os cidadáns.

Redacción - 09:00 04/10/2007

Foi un dos trinta puntos onde os tres grupos parlamentarios conseguiron coincidir este mércores na Cámara. PPdeG, PSdeG e BNG votaron de xeito favorábel á proposición de resolución presentada polos populares onde se instaba á Xunta a facer as xestións precisas diante do goberno español para que a tarifa eléctrica que se pague en Galiza estea axustada á realidade enerxética galega. Na práctica, e segundo se sinala na proposta, iso implicaría que cando menos os usuarios do país visen afrouxadas as tarifas coa supresión do pagamento das peaxes por transporte de enerxía eléctrica.

Por outra parte, desde a Consellaría de Economía respondíanlle tamén esta cuarta feira ás ameazas de Fenosa, que por boca do seu vicepresidente, Honorato López Isla, agoiraba que lle farían pagar aos cidadáns polo estabelecemento dun canon aos encoros. Desde o Goberno insisten na "plena competencia" de Galiza para fixar ese tributo e advirten que de ningún xeito edbe implicar impacto ningún no que pagan os consumidores domésticos ou empresariais.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: