Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Protesta e humor

As pegadas republicanas esténdense pola rede

Un cambadés anónimo quen "con moito tino" queima a foto "duns reis" é a brincadeira chegada desde Unha Grande e Chea.

Redacción - 11:50 03/10/2007



Desde o activo acubillo cibernáutico d'Unha Grande e Chea, sempre áxiles en ofrecernos a visión cambadesa da actualidade planetaria, reparan esta semana na polémica pola queima das fotos de El-Rei.

A rede aparece estes días chea de exemplos de mobilización internauta fronte á belixerancia xudicial cara a estes sucesos. No Youtube podemos ver por exemplo mozos de Girona queimando as fotos do monarca, a xeito colectivo ou individualmente. Tamén un comunicado queixándose de represión ao republicanismo. Baixo o título "A Audiencia dos nacionais", tamén atopamos un podcast que ao fío dos procesos contra os debuxantes de Deia e El Jueves por cadansúas viñetas humorísticas, pregúntase "que será o seguinte: autos de fe na Praza Maior? Acusacións xenéricas de antiespañolismo? Represión do comunismo e a masonería? Prohibición de linguas vernáculas e credos infieis a Roma?"

Con todo recomendámoslles remexer na ampla galería humorística xurdida a conto das sucesivas polémicas. Atopamos por exemplo "Benvidos a borbonmanía, o programa para construír a túa propia monarquía", convida un imitador de El-Rei no extracto do programa de Buenafuente. Tamén na rede batemos coa creación "We remember you, Mitrofan", en lembranza dun polémico episodio de caza protagonizado polo monarca e un plantígrado en terras romanesas. Outra extravagancia é o vídeo de Juan Carlos cantando a canción de Pokemon.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: