Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTRELAS E GALAXIAS CUN SÓ CLIC

A última versión de Google Earth permite explorar as numerosas marabillas do ceo

O globo virtual que permite mirar imaxes satélites de todas as rexións do mundo pode transformarse en Google Sky, deixar a superficie da terra para mirar ao ceo

Redacción - 13:15 02/10/2007

A interfaz do software permite que coa moleta de desprazamento do rato (ou a defecto as teclas "+ " e "-") o usuario poda achegarse á rexión elixida do ceo. Google Earth súmase así ás ofertas de astronomía na rede, como stellarium e celestia.

Co zoom para ver detalles máis finos é onde o programa revela todas as súas capacidades. O fondo negro deixa ver progresivamente milleiros de estrelas que tapizan literalmente o conxunto do ceo. Este formigueo en todas as direccións xa ilustra a inmensidade do espazo que nos rodea.

Logo desta primeira mirada, ofrécenselle ao usuario de Google Sky dous enfoques moi diferentes. Conservando todas as "etiquetas" e outros nomes de estrelas e de galaxias fixados na pantalla, o programa é ante todo educativo e informativo.

Este planetario convértese entón nunha poderosa ferramenta capaz de axudar á comprensión de fenómenos tan variados como a vida e a morte das estrelas, a formación e a evolución das galaxias afastadas. A maioría das fichas existentes aínda non foron traducidas a outras linguas e están en inglés.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: