A inscrición do primeiro ano vai permanecer aberta até o dia 10 de outubro. Os profesores agardan ter un éxito comparábel ao do ano pasado, cando se matricularon 60 persoas.
"Em português dás a volta ao mundo" é a campaña que o Departamento de Portugués da EOI de Compostela está a desenvolver estes días para activar a inscrición de máis persoas no curso de lingua portuguesa.
O ano pasado chegaron a ter matriculados no primeiro ano -actual Básico 1-, uns 60 alumnos e alumnas e este ano o profesorado da Escola non quere que o número de alumnos sexa menos.
Por isto lembran que por un prezo "máis do que accesíbel para todo o mundo", as Escolas de Linguas ofrecen aos inscritos catro horas e media de clases semanais nos que empreñan os máis modernos métodos de aprendizaxe de linguas, apoiados en estratexias comunicativas e materiais audiovisuais diversos. Tamén adoitan organizar varias viaxes a Portugal ao longo de todo o ano.