Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
'ACORUÑA.ES' OU 'LALÍN.ES' EN XOGO

Comeza a carreira polos dominios “.es” con eñes e acentos

Os titulares de dominios con caracteres semellantes aos novos identificadores IDN terán preferencia, pero só durante este mes.

Redacción - 10:47 02/10/2007

Dende esta madrugada é posíbel pódense dominios de internet “.es” con carácteres internacionais (IDN) en galego, castelán, catalán e euskera. É dicir, é posíbel reservar identificadores como acoruña.es, consellería.es ou valença.es.

Iso si, ata o vindeiro 30 de outubro só poderán reservar identificadores “os titulares de nomes de dominio rexistrados antes do 1 de xuño de 2007”, segundo informa o Ministerio de Industria. É dicir, quen teña rexistrado antes desa data "www.acoruna.es" terá preferencia temporalmente sobre "www.acoruña.es".

Os novos caracteres admitidos son:

  • á, à
  • é, è
  • í, ï
  • ó, ò
  • ú, ü
  • ñ
  • ç
  • l•l (l xeminada do catalán)

Ademais, Red.es publicou unha serie de normas para resolver conflitos, por exemplo no caso de que os titulares de “www.acoruna.es” e da “www.acorunha.es” soliciten o novo “www.acoruña.es”.

Non son 100% compatíbeis
Iso si, os novos dominios -coñecidos polo acrónimo inglés IDN- non funcionan con todos os navegadores. O Internet Explorer 7 e as últimas versións do Ópera e do Mozilla Firefox si poden procesalos, pero non versións antigas. Tamén existen dúbidas de se todos os buscadores e servidores web seran quen de traballar con eles.

Despois do 30 de outubro, Red.es anunciará cun aviso que se publicará con 15 días de antelación, unha nova fase que permitirá a solicitude de nomes de dominios ".es" multilingües a todos os usuarios que o soliciten. Máis información en Dominios.es e no 902 010 755.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: