Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Feiras internacionais

O libro galego ábrese ao mundo

A Consellaría de Cultura levará as empresas editoriais galegas a sete eventos no exterior.

Redacción - 14:07 01/10/2007

A literatura galega estará presente este ano en sete feiras internacionais e terá delegacións noutras dúas. A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou este luns o calendario de feiras en que a consellaría financia e xestiona a presenza do sector.

Galiza xa está presente na Feira do Libro de Uruguai, que deu comezo o 27 de setembro e rematará o 7 de outubro. Seguiranlle a Liber de Barcelona (do 3 ao 5 de outubro), a de Frankfurt (do 10 ao 14 do mesmo mes) e a de Guadalajara (México), do 24 de novembro ao 2 de decembro.

No primeiro semestre de 2008, a literatura galega viaxará á Habana, do 13 ao 24 de febreiro; Boloña, do 31 de marzo ao 3 de abril, e Bos Aires, do 21 de abril ao 12 de maio. Ademais, contará con delegacións en Londres e Rio de Janeiro.

É a primeira vez que a industria editorial do país asiste á feira uruguaia e contará con delegacións en Londres e na Bienal do Livro do Brasil. Na Habana, será país convidado, e en Guadalajara terá por primeira vez un posto de seu. Para aumentar a promoción no exterior, Cultura editará un catálogo on-line en galego, inglés e alemán.

A web Readgalicia.com ofrecerá unha selección de case 200 obras da literatura galega actual, con fragmentos traducidos ao inglés e datos útiles para estabelecer contactos. O obxectivo é convertela nun lugar de referencia para que as empresas editoriais estranxeiras coñezan a produción literaria galega.

Despois da feira de Montevideo, á que Galiza asiste por primeira vez e é o único país non americano con espazo propio nela, a cita será a Feira do Libro de Frankfurt. O considerado máis importante encontro do sector editorial de todo o mundo terá un posto da consellaría coa presenza de 14 editoriais. Cultura presentará unha escolma de 20 poemas de autores do país nunha edición bilingüe alemán-galego.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: