As primeiras avaliacións danlle o triunfo á Acordo País, apoiada polo presidente.
"É a resposta a un goberno que soubo cumprir as expectativas", afirmou Lenin Moreno, vicepresidente de Ecuador, ao coñecérense as primeiras enquisas sobre os comicios lexislativos no país. Segundo eses datos, Acordo País, a formación promovida polo actual presidente, Rafael Correa, conseguiría cando menos 65 escanos, sobre un total de 130 asentos.
Con esa maioría, Correa quedaría reforzado para seguir adiante co proceso de reforma constitucional proxectado. "É hora de buscar ese país que Correa, o partido e todos os cidadáns queremos", manifestou Moreno. O presidente Correa confesa que a refundación deseñada mira con interese o proceso aberto polo socialismo de Hugo Chávez na veciña Venezuela. Así, obxectivo prioritario sería abrir desde a propia Constitución os camiños necesarios para o cambio nun país onde arredor de dúas de cada dez persoas viven na pobreza estrema. Os instrumentos proxectados incluirían por exemplo mecanismos de expropiación en beneficio do interese xeral ou garantías contra o monopolio nos medios de comunicación.
Na prensa ecuatoriana: