O Pío XII é o club anfitrión da fase final da XV Copa Galicia que se xogará este sábado e domingo.
O Club Baloncesto Pío XII organiza en Compostela a fase final da 15 edición da Copa Galicia de baloncesto femenino sénior no que os catro equipos que accederon á fase final -o propio Pío XII, o Extrugasa, o RC Celta Vigourban e o Ensino de Lugo- se enfrontarán polos primeiro posto. Os partidos xóganse no pavillón municipal de Santa Isabel entre o sábado e o domingo.
O primeiro partido bótano o Pío XII e o Ensino o sábado ás 18:30 horas, segundo indica a Federación Galega de Baloncesto na súa páxina web. O mesmo día ás 20:30 horas xogan o Extrugasa e o Vigourban.
No domingo ao mediodía os dous equipos que gañasen os seus partidos xogarán a final.