Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Paralizado dende o ano 2000

O Supremo autoriza o ficheiro con datos persoais dos afectados polo VIH

O Ministerio de Sanidade poderá actualizar o arquivo con novos nomes de persoas infectadas polo virus da Sida, no medio das protestas dos afectados.

Redacción - 11:57 28/09/2007

O chamado ficheiro nacional de contabilidade de novas infeccións do virus da Sida, que fora paralizado nos tribunais dende que foi creado, no ano 2000, poderá agora activarse.

Despois dunha sentenza en contra da Audiencia Nacional, na quinta feira o Tribunal Supremo resolvía o caso a favor do goberno español, ao que se lle permite rexistrar, de "xeito semi-anónimo e confidencial, só con fins de control sanitario e epidemolóxico", aos portadores do VIH, "como xa se fai na maior parte dos países europeos", recalcan os voceiros do Ministerio de Sanidade.

Este rexistro chamado Sinivih (Sistema de Información sobre Novas Infeccións VIH) complementarase cos datos aportados polas comunidades autónomas sobre o número de enfermos da Sida coñecidos en cada unha. Este ficheiro só se centra nos portadores, desenvolvan ou non o virus no futuro, e creou moita controversia entre os afectados, que non o ven útil e considérano unha intromisión na súa intimidade e unha violación dos seus dereitos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: