A firma galega di que se trata do primeiro GPS no mercado que mestura mapas e fotografías aéreas
X. R García, alma mater de Blusens
Blusens, o fabricante santiagués de trebellos tecnolóxicos, presenta as novidades do seu catálogo de cara a campaña de Nadal, cando se efectúan a maioría das compras neste sector.
O seu produto estrela é un GPS para o coche capaz de mostrar a navegación sobre imaxes reais (procedentes de fotografías aéreas) ademais de sobre os habituais mapas. A compañía asegura que é o primeiro produto destas características existente mercado.
Mp3 con wifi
O lanzamento de produtos con características únicas foi clave para que a firma galega se fixese un oco nas tendas de electrónica. De feito, outra das estrelas da presentación do catálago será o reproductor de MP3 G14, o primeiro que tivo conectividade wifi.
Innovación e modelos
O acto de presentación terá lugar o 2 de outubro en Madrid. Contará coa presencia de Miss e Míster España, elexidos nun certame patrocinado pola marca galega. E é que para facerse un sitio nos escaparates, Xosé Ramón García, o creador da empresa, aplica, ademáis de moita innovación, importantes campañas promocionais.
Fundada en 2002 en Santiago, a firma conta con fábricas en China e oficinas en Madrid, Dubai e Hong Kong.