O novo sistema de navegación pretende simplificar o acceso e os diálogos na rede e podería por en perigo o monopolio que exerce polo de agora Second Life
Raph Koster
Metaplace, unha nova plataforma de creación de mundos virtuais (que se deu a coñecer durante o último congreso TechCrunch), distínguese dos seus competidores pola súa gratuidade e a súa interoperabilidade, prefigurando o que podería ser a navegación sobre web do futuro, en tres dimensións.
Unha plataforma aberta e de utilización sinxela
Durante o curso de TechCrunch40 que se celebrou a semana pasada en San Francisco, a cita reuniu aos grandes xenios da rede como Raph Koster, fundador da sociedade Areae, na orixe do proxecto Metaplace, pero tamén creador de xogos como Star Wars Galaxies ou Ultima Online.
O proxecto Metaplace é unha plataforma de creación de universos virtuais abertos e dde utilización sinxela, nunha linguaxe de programación accesible para todos, que permite administrar os sistemas de pago e de transaccións de moeda virtual, e unha compatibilidade total entre todos os universos nacidos da plataforma, e os universos accesibles por todos os medios de acceso á rede, sexa a web, os teléfonos móbiles ou directamente cun cliente 3D.
Crear o teu universo virtual nalgúns minutos
Destinado a revolucionar o espazo dos mundos en tres dimensións, este proxecto lanzado ao primeiro sobre MySpace, segundo o seu creador, está preparado a "democratizar os mundos virtuais e achegalos a todos os públicos". En efecto, grazas á súa interfaz gráfica de programación (linguaxe de programación LUA, particularmente utilizado en World of Warcraft), vólvese doado crear nalgúns minutos un universo polivalente, utilizable e accesible a todos. Nun momento no que as intención é a de simplificar o acceso, a navegación e os diálogos sobre a Rede, Metaplace, coa gratuidade, corre o perigo de darlle a volta ao mundo dominado por Second Life ou World of Warcraft. Era por outra banda o fin que perseguía Raph Koster cando se lanzou a esta aventura. Esta primeira etapa é unha fase de proba prevista ata a primavera de 2008, logo virá a apertura ao público.