Cultura e Deporte vén de asinar un convenio de colaboración coa Federación Galega de Balonmán para fixar un programa de actividades de promoción e desenvolvemento do balonmán en Galiza.
A Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, vai colaborar coa Federación Galega de Balonmán, doándolle 187 mil euros para participar nos seus gastos ordinarios e para fixar un programa de actividades comúns de promoción e desenvolvemento do balonmán por Galiza adiante.
Este convenio, aprobado polo Consello da Xunta, está dentro do modelo de axudas a federacións deportivas estabelecido de forma novidosa hai dous anos pola consellaría. Deste xeito, a Consellaría de Cultura e Deporte asina un convenio individual e particular con cada unha das 58 federacións deportivas galegas, atendendo ás súas necesidades específicas e aos proxectos de desenvolvemento deportivo por elas proposto.
180 mil euros para o balonmán
A dividir en dous anos, os cartos hanse dedicar a programas para a promoción do deporte feminino, a integración no deporte, as seleccións galegas ou para o mantemento da estrutura e o emprego do galego nas sinais de identidade corporativa, entre outras cousas.