Terán prioridade as mulleres, as persoas que teñan fillos, as familias monoparentais e os autónomos
Mulleres empresarias autónomas, as sociedades unipersoais das que é titular unha muller e as pequenas empresas e microempresas participadas maioritariamente por mulleres. Estas son algúns dos grupos prioritarios das subvencións presentadas esta mañá pola Vicepresidencia da Xunta.
Son en total 320.000 euros que se repartirán entre as solicitudes que se presenten antes do 24 de outubro, segundo figura na convocatoria publicada o luns no DOG.
Só para hardware
Dende a Xunta explican que, se ben as mulleres e as persoas con cargas familiares terán máis posibilidades de resultar beneficiadas, a convocatoria está aberta tanto a homes como mulleres. Os cartos públicos poden ser destinados a compra de computadores e outros trebellos informáticos, pero non de software.