Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PATRIMONIO

A nosa historia tamén está escrita nas pedras

Un veciño de Arbo atopa dez petroglifos que estaban sen catalogar

Redacción - 18:20 25/09/2007

Manuel Certal, un veciño de Arbo investigador afeccionado do patrimonio histórico e etnográfico, localizou neste municipio dez petroglifos que estaban sen catalogar. Os gravados están localizados na parroquia de Mourentán. Catro dos mesmos apareceron no lugar chamado Coto da Moura, onde se atoparon rochas que conteñen motivos como coviñas e círculos concéntricos. Outros petroglifos apareceron nas zonas de Coto Grande, As Regas, Miranda, Mirandeiro e en Eira de Ramos.

Certal asegura que “aínda que Arbo xa teña un amplo inventario de patrimonio catalogado, e atopado pendente de catalogar, seguramente que nos quede moito máis por localizar nos vindeiros anos”. Este veciño alerta de que este tipo de bens están en perigo debido ao desinterese do Concello e á falta de concienciación dos veciños. Técnicos da Consellaría de Cultura xa comezaron os traballos na zona para inventariar os petroglifos.


5/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: