Lanzan unha campaña para captar 1.800 pedidos da 'biclcleta da folga' e salvar os seus postos de traballos
Uns 135 traballadores da fábrica de bicicletas Bike Systems GmbH, en Nordhausen (Alemaña), acaban de asumir o control da produción para intentar salvar os seus postos de traballo. Os operarios ocupan a factoría dende hai dous meses. Queren evitar que a empresa, de capital norteamericano, retire as máquinas e culmine así definitivamente o desmantelamento da factoría, informa a CNT.
“Bicicletas da folga” por 200 euros
Para lograr sacar adiante esta iniciativa de autoxestión, os traballadores necesitan recibir 1.800 pedidos de bicicletas antes do vindeiro 2 de outubro. Con este fin, lanzaron unha campaña de pedidos por internet, na que se poden encargar vehículos dende 200 euros. A bicicleta producida polos operarios foi bautizada como a “Strike bike”, a “bicicleta da folga”.
A ocupación e autoxestión da fábricas foi un fenómeno frecuente, e exitoso nalgúns casos, en Arxentina durante a crise do 'corralito'. Con todo, un caso como o que se está producindo na rexión de Turingia é inhabitual en Europa.
Pechar fábricas a cambio de accións
Os problemas para o futuro da fábrica de Nordhausen comezaron cando o grupo Biria, un dos maiores produtores de bicicletas de Alemaña, foi adquirido pola firma americana de inversión Lone Star Funds, indica o portal Bike Europe. Lone Star Funds comezou a vender de fábricas á competencia a cambio de accións.
Na súa estratexia empresarial americana, o destino daquelas fábricas que non interesan aos competidores de Biria sería o peche, circunstancia que agora tentan evitar os traballadores de Bike Systems GmbH.