Por mor do embarazo da parlamentaria por Ourense, Amparo González. A outra vía, máis complicada, é que delegue o sufraxio en Núñez Feijoo.
A deputada popular Amparo González
O Partido Popular de Galicia (PPdG) anda a busca de alternativas para a que súa deputada Amparo González exerza o seu voto cando estea de baixa polo seu actual embarazo. Os conservadores barallan dúas opcións, que González delegue o voto en Alberto Núñez Feijoo, ou que a parlamentaria vote a través de internet; solución sen precedentes no sistema parlamentario galego e estatal.
Con todo, a opción do sufraxio en liña ten posibilidades de saír adiante. E é que o Regulamento do Parlamento de Galicia non recolle que se poida delegar o voto. O sufraxio dos deputados é persoal e intransferíbel, mesmo cando abandonan o seu grupo parlamentario.
Precedente en Cataluña
Fontes parlamentarias explican que, para que o líder dos populares poida pronunciarse no lugar da deputada, sería necesario unha modificación do Regulamento. Dende o Grupo Parlamentario Parlamentario sinalan que xa existe un precedente no Regulamento Parlament de Cataluña, que admite a delegación especificamente para casos de baixas por maternidade.
En todo caso, a proposta aínda non foi presentada de xeito oficial á mesa da Cámara, aínda que a intención do PPdG é facelo durante esta semana.