O de Teo fixo unha excelente contrareloxo e sentenciou de xeito definitivo poñendo máis terra de por medio co seu perseguidor, Vladimir Efemkim.
O galego Ezquiel Mosquera atou o quinto posto na xeral na penúltima tirada da Vuelta a España. O de Teo demostrou que sabe sufrir e foi quen de deixar máis terra de por medio co seu inmediato perseguidor, Vladimir Efemkim, ao que lle sacou outros 8 segundos deixando así unha diferenza diferenza total 32 segundos. O asturiano Samuel Sánchez, do equipo Euskaltel, impúxose na contrarreloxo logo dunha brillante carreira e o ruso Menchov demostrou cunha segunda praza que é o xusto lider desta proba.
Este domingo celebrarase a última etapa da Vuelta, considerada de trámite e que, agás algunha incidencia notábel, non variará a clasificación xeral. Nas filas do Karpin Galicia a satisfacción era evidente. O equipo galego, que se presentaba á súa primeira gran proba, é unha das grandes revelacións. O propio Valery Karpin recoñecía que a Vuelta está supoñendo un “gran estímulo” de cara o futuro do clube.