A CIG pide que se depuren posíbeis responsabilidades e alerta da alta sinistralidade na obra pública.
Despois de que este venres morrera outro traballador nas obras do AVE en Cerceda, o sindicato nacionalista cre que hai evidencias de que se pode estar vulnerando a lexislación en materia de seguridade laboral. Por iso, esixen que o ministerio público actúe de oficio e investigue se hai responsabilidades penais.
A CIG coida que as subcontratas que traballan na obra do AVE en Cerceda son o “paradigma da inexistencia de medidas de seguridade”. Ademais pídenlle á Consellaría de Traballo que vele polo cumprimento da legalidade e actúe con contudencia.