O presidente arremeteu contra a política internacional dos EUA e evitou falar da situación interna da illa.
Cun bo aspecto, aínda que moi delgado, Fidel Castro volveu deixarse ver na televisión cubana. Logo de máis de tres meses sen imaxes súas e entre permanentes dúbidas sobre o seu estado de saúde, o líder cubano recorreu á retranca: “Aquí estou, que se estaba morrendo, que se morreu, que se morre pasado mañá. Ninguén sabe que día vai morrer”
Castro centrou a súa intervención na crítica aos EUA, aos que a acusou de provocar unha guerra de relixións no planeta. Mais o presidente cubano tocou outros temas xenéricos como os problemas que está a causar o cambio climático. Non fixo ningunha referencia á situación interna de Cuba.
Poden ver o vídeo e ampliar información no diario Granma.