Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
1,2 MILLÓNS DE RENDAS PUBLICITARIAS

Con 'Mash', Yahoo! somete a probas unha nova aplicación, co ronsel de Facebook

Google e MSN son outros dous competidores na creación e explotación de redes sociais, nunha carreira tola pola audiencia en liña

Redacción - 12:52 20/09/2007

Desde mediados de setembro, Yahoo! propón con toda discreción un novo sitio bautizado Mash. Segundo os primeiros comentarios que circulan sobre o blogs respecto deste sitio en fase de proba, os internautas son convidados a construír alí a súa páxina persoal completando o seu "perfil" (idade, carreiras, centros de intereses...). Poden engadir un link de actualidade, unha galería de fotos, enlaces cara a outras páxinas persoais... E autorizar a amigos a intervir alí. Non está prevista ningunha data de lanzamento.

A aposta para Yahoo! é importante. Mash, se xa se fixo pública a súa existencia, pasará a formar parte da subcategoría de sitios colectivos bautizados como "sitios de socialización", cunhas audiencias que estouran.As sociedades - ou os individuos - que están detrás propoñen softwares (a maioría das veces gratuítos) en liña que permiten crear lazos entre os internautas. Constrúense así comunidades virtuais por centros de intereses.As "redes sociais" xeran actualmente 1,2 mil millóns de dólares de rendas publicitarias no mundo. Estas rendas poderían alcanzar 3,6 mil millóns de dólares en 2011, segundo eMarketer. MySpace e Facebook, ambas as redes dominantes, deberían facturar, respectivamente, vendas publicitarias de 525 millóns e de 125 millóns de dólares en 2007.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: