A demanda foi presentada por un senador do estado de Nebraska para demostrar que en EUA "calquera pode demandar a calquera".
O senador Ernie Chamberes
Un senador dos Estados Unidos presentou unha demanda contra Deus ante un tribunal do estado de Nebraska, no centro do país, na que lle acusa de provocar "pavorosas inundacións, terroríficos tornados e pestilentes pragas en diferentes partes do mundo que xeran "sufrimentos humanos".
Ernie Chamberes é un coñecido membro do Partido Demócrata polas súas criticas as oracións matutinas que se fan no senado deste estado.
A demanda foi presentada nun xulgado do condado Douglas, porque segundo afirmou, "Deus está en todas partes, así que o podo demandar en calquera lugar". O escrito foi admitido a trámite o pasado 14 de setembro.
Ante a imposibilidade de que Deus se presente no proceso, foron citados a declarar "representantes de varias relixión e cultos que, de xeito notorio, recoñecen ser axentes do demandado e falan na súa representación".
"Esta é un xeito de demostrar que calquera pode demandar a calquera, incluído Deus", dixo Chamberes, quen engadiu que a súa intención é demostrar que polo simple feito de presentar unha denuncia contra alguén non significa que a vitoria estea garantida.