Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
ADEGA E VECIÑOS DE AROU, MEREXO E QUILMAS INTERVEÑEN NUNHAS XORNADAS SOBRE O RODABALLO EN CAMARIÑAS

Ecoloxistas e veciños continuarán as mobilizacións namentras non se retire o Plano de Acuicultura

O pasado venres 14 de setembro veciños de Arou, Merexo e Quilmas xunto con ecolxistas de ADEGA interviron nunhas xornadas sobre o rodaballo celebradas en Camariñas para expresar o seu rexeitamento sobre o Plano de Acuicultura que se atopa nestes momentos en tramitación, pendente de contestar ás numerosas alegacións presentadas.

ADEGA - 19:46 18/09/2007
Tags:

ADEGA e os veciños afectados continuarán realizando mobilizacións “sorpresa” ante os responsables da Consellería de Pesca e nomeadamente do Director Xeral de Recursos Mariños e da Conselleira de Pesca, acudindo aos actos nos que participen a expresar o rexeitamento do nefasto Plano de Acuicultura.

Este Plano favorece principalmente a dúas multinacionais e prexudica enormemente aos veciños dos lugares afectados coa ocupación do espazo (en moitos casos de grande valor ambiental e paisaxístico), promovendo a contaminación da costa ao non contar con sistemas de tratamento de augas residuais.

Por estes motivos aproveitarase calquera ocasión para que os responsables da Consellería de Pesca se decaten que non poden “saltar” o interese público para favorecer a ocupación da costa con macroinfraestructuras contaminantes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: