Lembran que en países como Holanda, Dinamarca ou Alemania demostran a validez deste transporte.
Na Semana Europea da Mobilidade, as organizacións ecoloxistas receitan máis bicicleta para combater a contaminación e os problemas de tráfico nas cidades do país. Asociacións como Adega e Verdegaia alertan de que a masificación de vehículos a motor que sofren as urbes obriga ás institucións a tomar medidas decididas.
Así, por exemplo, Adega publica un artigo na súa web no que lembra as vantaxes deste medio de transporte. No mesmo insístese na rapidez das bicicletas e rebaten a aqueles que din que non é aconsellábel para climas como o noso: “Hoxe en día hai prendas para a auga e frío de suficiente calidade para permitir unha conducción cómoda sa bicicleta nestas condicións. Países como Holanda, Dinamarca ou Alemaña teñen condicións metereolóxicas extremas e acadan cifras de viaxes en bicicleta que centuplican as do noso país”.
O colectivo Verdegaia tamén aproveita a Semana Europea da Mobilidade para anunciar na súa web a I Masa Crítica Galega, unha peculiar manifestación ciclo-lúdica que se celebrará o vindeiro sábado en Compostela. Os participantes queren demostrar así a validez do transporte máis ecolóxico e barato.